O Monbús Obradoiro enfróntase este sábado ao Café Candelas Breogán no Multiusos Fontes do Sar.
Os afeccionados ao baloncesto galego teñen este sábado unha cita en Santiago de Compostela. Alí disputarase o partido de volta da liga Endesa, no que o Obradoiro recibirá na súa cancha ao equipo celeste. Os de Moncho Fernández amósanse con ganas de desquite, despois de que o Breogán conseguira impoñerse na ida por 69 puntos fronte aos 56 anotados polo Obradoiro.
Como chegan ambos equipos ao derbi?
O Monbús Obradoiro ocupa a undécima posición na táboa clasificatoria da Liga Endesa, con 9 partidos gañados e 11 perdidos. Porén, os de Moncho Fernández veñen reforzados despois de conseguir unha vitoria histórica contra o Valencia Basket Club na pasada xornada.
O Obradoiro e o Breogán veñen de conseguir importantes victorias na anterior xornada
Ao igual que o Obradoiro, o Café Candelas Breogán tamén acaba de sumar unha das vitorias máis importantes da tempada ante o UCAM Murcia. Os de Natxo Lezkano están décimo cuartos na clasificación, con 7 partidos gañados e 13 derrotas.
Con ambos equipos reforzados polos triunfos da xornada anterior, quen conseguirá alzarse coa vitoria no derbi?