Eleccións xerais en España o 28 de abril

Os partidos políticos comezan a preparar as súas estratexias para as vindeiras eleccións xerais.

O 28 de abril foi a data escollida polo actual presidente do Goberno, Pedro Sánchez, para celebrar a xornada electoral. Ese día, os cidadáns españois votarán para escoller os seus representantes parlamentarios durante os próximos anos. 

As Cortes Xerais e o sistema electoral

España é un estado democrático, xa que son os propios cidadáns os que elixen os seus representantes políticos. A escolla realízase a través dunha votación na que participan todos os españois maiores de 18 anos. As eleccións celébranse habitualmente cada catro anos, aínda que poden convocarse antes se o Goberno decide poñer fin ao seu mandato.

Os cidadáns escollerán quen os vai representar nas Cortes Xerais os próximos catro anos

O 28 de abril escolleranse os membros das Cortes Xerais, que é o órgano que representa o pobo español. Están integradas polo Congreso dos Deputados e o Senado. Nestas eleccións, os cidadáns españois votan para elixir os 350 deputados do Congreso e a unha parte dos 266 senadores. Os deputados e senadores que resulten escollidos serán os encargados de elaborar as leis, aprobar os presupostos do Estado e controlar a acción do Goberno. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *