O entroido é unha das festas máis antigas de Galicia. En Xinzo de Limia (Ourense), celebran que o seu carnaval foi declarado de Interese Turístico Internacional. Con esta mención recoñécese unha festa que pon en valor a cultura e as tradicións populares de Galicia. O de Xinzo é o primeiro entroido galego en ter esta distinción.
Xinzo de Limia e as pantallas
O carnaval é, en Xinzo de Limia, a celebración máis importante do ano. Este concello ourensán presume de ter o entroido máis longo de toda España, con cinco fins de semana de troula que comezan co Petardazo e o Domingo Fareleiro.
O personaxe característico son as pantallas, que se encargan de vixiar que todo o mundo salga á rúa co seu disfrace. Van coa cara cuberta por unha máscara debuxada coa face dun demo con cornos. Na cintura levan campás e nas mans dúas vexigas infladas que golpean entre si para facelas soar.
Xunto co de Xinzo de Limia, outros entroidos galegos destacan polos seus ritos, tradicións ou personaxes. Queres coñecelos?