O Space Fronter será o satélite do futuro

Despois de dar por finalizada a misión do Opportunity en Marte, a Administración Nacional da Aeronáutica e do Espazo (NASA) acaba de seleccionar unha nova misión espacial para explorar as orixes do noso universo. Que achados atoparán? Cales credes que serán os próximos avances da NASA?

Cóntanolo Sergio, un neno lucense de 10 anos que quere ser astrónomo! Para el, o futuro está no deseño dun novo satélite capaz de atopar ata o planeta máis afastado da galaxia. Así é como imaxina o Space Fronter.

O satélite Space Fronter

Este satélite artificial é o telescopio máis avanzado de todos os tempos. Funciona coa luz solar e con calor solar. Ten un alcance de visión ata Andrómeda e calcula os datos de cada molécula dun planeta, lúa, estrela, cometa ou asteroide. Pode ver ata o asteroide máis pequeno da galaxia e con estes datos pode calcular a idade exacta de cada corpo celeste. Este telescopio pode encontrar ata o planeta máis afastado da galaxia. Con este satélite poderemos atopar planetas moi parecidos á Terra ou incluso mundos paralelos.

Debuxo do Space Fronter. Fonte: Sergio G.

A nave que lanzou este satélite foi o Alle. Esta nave ten sete millóns de potencia e a súa velocidade é a metade ca da luz, suficiente para escapar dunha estrela de neutróns. Esta nave puxo en órbita tamén outro satélite que irá ata as paredes da fronteira espacial, é dicir, recorrerá todo o universo. 

O MX Jupit 3000 viaxa a unha velocidade catro veces maior ca da luz, polo que ao cabo dunhas décadas alcanzará Andrómeda e nun billón de anos alcanzará a fronteira do universo e tomará datos sobre el. Logo volverá á Terra cos datos e cunha mostra da composición do gas.

Esta nave vai recorrer apaixonantes camiños, explorando ata un territorio de buracos negros. Pero todo isto será cando estes satélites existan. Aínda falta moito tempo!

Debuxo dun territorio de buracos negros. Fonte: Sergio G.

Mándanos os teus artigos ao noso correo e publicarémolos na sección O recuncho!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *