Xunto coa asistencia ás mobilizacións, miles de mulleres apoiaron a folga feminista convocada para este 8 de marzo.
Co fin de dar visibilidade ao lema Se nós paramos, párase o mundo, foron moitas as mulleres que non acudiron aos seus postos de traballo este venres. A folga foi especialmente importante nos sectores con ampla presenza feminina, como a educación ou a sanidade. En Galicia, acadou gran seguimento nas conserveiras, na industria téxtil e na Administración.
A través do paro de 24 horas ou da interrupción de dúas horas na súa xornada de traballo, as mulleres denunciaron a desigualdade que sofren a nivel laboral e social, e clamaron polo dereito a vivir sen violencia.
Ademais, as mulleres estaban tamén chamadas a facer folga de coidados, de consumo e de ensinanza.