A Administración Nacional da Aeronáutica e do Espazo (NASA) acaba de publicar o informe no que avalía os progreso levados a cabo no telescopio espacial James Webb, no que participa a viguesa Begoña Vila.
Este 8 de marzo queremos homenaxear a labor da científica Begoña Vila. A galega é unha das principais responsables do telescopio James Webb, o máis grande do mundo! Leva traballando na NASA dende o ano 2012 como astrofísica e enxeñeira de sistemas. Na actualidade, lidera o equipo encargado do Fine Guidance Sensor, o dispositivo que guiará a viaxe do telescopio polo espazo, manténdoo estable e tomando imaxes do universo.
Begoña Vila lidera un dos equipos que traballa no James Webb
Como recoñecemento ao seu traballo no James Webb, a NASA outorgoulle o galardón ao Logro Público Excepcional no ano 2016. Begoña Vila converteuse na primeira española en recibir esta distinción. Un ano despois, conseguiu o premio María Wonenburger co que se recoñece a traxectoria de mulleres galegas no ámbito científico e tecnolóxico.
Como recoñecemento ao seu traballo no James Webb, a NASA outorgoulle o galardón ao Logro Público Excepcional no ano 2016. Begoña Vila converteuse na primeira española en recibir esta distinción. Un ano despois, conseguiu o premio María Wonenburger co que se recoñece a traxectoria de mulleres galegas no ámbito científico e tecnolóxico.
Como é o James Webb?
O 30 de marzo de 2021 lanzarase ao espazo o telescopio James Webb. Baseándose nos achados realizados en anteriores misións, o sucesor do Hubble desvelará algúns dos misterios do noso Sistema Solar.
O James Webb será o maior telescopio que se lance ao espazo
O James Webb estudará cada fase na historia do noso universo, dende a creación e evolución das primeiras galaxias e estrelas tras o Big Bang ata a formación de sistemas solares capaces de soportar a vida en planetas como a Terra. Orbitará arredor do Sol, a 1,6 quilómetros do noso planeta, e a súa potencia será 100 veces superior a do Hubble. O James Webb constituirá o principal observatorio espacial para os astrónomos de todo o mundo. Ademais, ostentará o récord de ser o maior telescopio nunca antes lanzado ao espazo!
O James Webb. Fonte: NASA O James Webb. Fonte: NASA O James Webb. Fonte: NASA O James Webb. Fonte: NASA O James Webb. Fonte: NASA O James Webb. Fonte: NASA