Neste 8 de marzo, Día Internacional da Muller, celebráronse mobilizacións multitudinarias nas principais cidades e vilas galegas.
Por segundo ano consecutivo, miles de persoas toman as rúas para loitar contra a desigualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a diferenza de salario ou a violencia machista.
Este 8 de marzo, as concentracións e marchas reivindicativas percorreron as principais cidades galegas. Vigo, A Coruña e Santiago acolleron as mobilizacións máis multitudinarias, con decenas de miles de persoas que, baixo o lema Por todas as mulleres, por todos os dereitos: revolta feminista!, clamaron pola igualdade da muller.

As manifestacións tiveron un amplo seguimento en toda Galicia, pero tamén noutras cidades de España, como Madrid, Barcelona ou Valencia. Mentres, países como Bélxica, Portugal ou Grecia celebraron esta xornada por primeira vez.