Rosalía de Castro, a primeira feminista galega

Neste 8 de marzo, resaltamos a figura da escritora galega nunha das súas caras menos coñecida: a de pioneira do movemento feminista. 

“Yo soy libre. Nada puede contener la marcha de mis pensamientos, y ellos son la ley que rige mi destino”. Así escribía Rosalía de Castro en Lieders (1858) para defender a liberdade e a igualdade feminina. Considerado o primeiro escrito feminista publicado en Galicia, Rosalía inaugura con este artigo un discurso crítico e a favor da muller que mantería en obras posteriores. 

Rosalía defendeu a liberdade da muller a través das súas obras literarias

Rosalía foi unha abandeirada do feminismo nun mundo de homes. Ser escritor no século XIX era un oficio reservado aos varóns e as mulleres que decidían dedicarse a esta profesión eran duramente criticadas. De feito, Rosalía tivo que facer fronte ás acusacións de que as súas obras eran escritas polo seu marido, Manuel Murgía. 

O compromiso de Rosalía coa causa feminina reflíctese ao longo da súa literatura. As súas obras denuncian os problemas que tiñan as mulleres na sociedade galega da época. 

Queres coñecer máis sobre a obra feminista de Rosalía de Castro? Navega pola seguinte liña do tempo e descobre algúns dos fitos transcendentais na vida da nosa escritora máis universal!


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *