A sostibilidade nas empresas españolas

O compromiso e a loita contra o cambio climático empeza a ser unha preocupación para algunha das grandes empresas españolas. De feito, 15 delas sitúanse xa entre as 317 empresas máis sostibles de todo o mundo! Porén, aínda son moitas as compañías que non están incorporando ningún dos obxectivos de desenvolvemento sostible fixados pola Organización das Nacións Unidas (ONU). 

Os obxectivos de desenvolvemento sostible

Na súa Axenda 2030, a ONU propón 17 obxectivos que buscan protexer as persoas e o planeta. A fin da pobreza e a fame no mundo, a defensa dos dereitos humanos e a igualdade entre homes e mulleres son algúns dos propósitos que se queren conseguir para o ano 2030. 

Combater o cambio climático é outra das prioridades para a ONU. A emisión de gases de efecto invernadoiro está agora nos niveis máis altos da historia! Para frealo, é necesario que as emrpesas de todos os países reduzan as emisións de carbono e aposten por fontes de enerxía respectuosas co medio ambiente. Un reto global e imprescindible para evitar que a temperatura da Terra aumente ata 2 graos nos vindeiros anos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *