O CD Lugo na tempada 2018-2019

O Club Deportivo Lugo está a afrontar unha tempada difícil. A baixa posición que ocupa na táboa clasificatoria sitúao moi próximo dos postos de descenso. Ademais, é un dos equipos de segunda división que menos espectadores ten nos seus partidos, a pesares de regalar máis de mil invitacións cada vez que xoga no Anxo Carro.

Pero, como ven os seareiros o seu clube? Escríbenos Roi, un afeccionado que non perde ningún dos partidos do Lugo! Con tan só 10 anos, este futuro futbolista explícanos en que situación se atopa o CD Lugo.

A situación do Club Deportivo Lugo

O Lugo, actualmente é o equipo con máis anos consecutivos na segunda división do fútbol español. Esta é a sétima tempada seguida nesa categoría.

Esta tempada está sufrindo máis cás seis anteriores na segunda división. Actualmente ten só 28 puntos e ocupa o posto 18º na clasificación. Debido a esta mala clasificación e ao seu xogo, tivo que cambiar de adestrador e de director deportivo na metade da primeira volta.

Roi con Fernando Seoane, un dos capitáns do CD Lugo. Foto: Delio L.

Este ano o Lugo é o segundo equipo con menor asistencia de público ao seu estadio e para saír deses postos perigosos, debería contar con máis apoio da afección nos partidos que xoga no Anxo Carro.

Non obstante, este equipo está xogando nunha das mellores ligas do mundo, xa que a maioría dos equipos xogaron en primeira división e varios participaron en competicións europeas.

Aínda así, coa axuda de toda a afección, ímolo conseguir.

FORZA LUGO!

Mándanos os teus artigos ao noso correo e publicarémolos na sección O recuncho!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *