O grupo de expertos en cambio climático da Organización das Nacións Unidas (ONU) afirma que temos ata o ano 2030 para deter o quecemento global ou o dano será irreversible.
A temperatura do noso planeta aumentou xa en máis dun grao e, de non tomarse medidas, no ano 2030 esta superará o límite dos 1,5 graos! Preocupados polo seu futuro, os mozos de todo o mundo comezaron a mobilizarse para pedir que os gobernos actúen para frear o cambio climático.
Cales son as causas e as consecuencias do cambio climático?
O quecemento global é a principal causa do cambio climático e ten importantes efectos negativos para a vida na Terra. A actividade dos humanos está detrás do incremento dos gases de efecto invernadoiro que se emiten á atmosfera. Iso provoca que a Terra reteña máis calor da que necesita, polo que a temperatura media do noso planeta aumenta.
O clima está experimentando cambios que, de maneira natural, non se producirían: a calor extrema, as chuvias torrenciais e a maior probabilidade de secas son algúns dos primeiros síntomas do cambio climático. As súas consecuencias poñen en perigo a supervivencia de moitas das especies vexetais e animais que habitan na Terra.
2 Thoughts