Irene Blanco, ouro no mundial xuvenil de halterofilia

A deportista galega conseguiu tres medallas de ouro no Campionato do Mundo Sub17 de halterofilia celebrado hoxe nas Vegas (Estados Unidos).

Irene Blanco participou na categoría de máis de 81 quilos de peso corporal. En arrincada conseguiu levantar 91 quilos e, no movemento en dous tempos, chegou aos 112! A suma dos pesos levantados nas dúas modalidades déronlle un total olímpico de 203 quilos. Esas marcas servíronlle a Irene Blanco para conseguir ser tricampioa xuvenil de halterofilia.

Ademais de superar os seus rexistros persoais, a deportista bateu o récord de España cunha marca nunca antes vista nunha competidora española da súa idade! Con 17 anos, Irene Blanco consagra así unha competición case perfecta e perfílase como a grande promesa da halterofilia no noso país.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *