Novo acordo para reducir o consumo de plásticos

A asemblea das Nacións Unidas para o Medio Ambiente acaba de asinar un acordo con máis de 200 países para reducir o consumo de plásticos antes do ano 2030. 

O sector industrial é un dos que máis emprega este material. Porén, cada vez máis empresas se unen á loita contra a contaminación plástica. En total, 150 compañías de todo o mundo xa se comprometeron a reducir a súa utilización. Unha das primeiras medidas é substituír os plásticos e envases dun só uso por outros que se poidan volver a empregar ou reciclar.

Os plásticos e a contaminación mariña

Cada ano rematan nos océanos entre 5 e 12 millóns de toneladas de plástico! Eses desfeitos danan os organismos e os ecosistemas mariños. Unha parte dos plásticos acumúlanse nos fondos dos mares e algúns rómpense en pequenos anacos que quedan na auga. Os peixes e outros animais mariños confunden eses residuos con comida. Ao inxerilos, os plásticos introdúcense na cadea alimentaria, poñendo en perigo a vida de moitas especies.

Ademais, no seu proceso de descomposición, emite dous potentes gases de efecto invernadoiro que contribúen ao cambio climático.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *