A Liga Galega de Hóckey Liña

As primeiras posicións para a final a catro da Liga Galega de Hóckey xa se van definindo. O equipo lucense Lóstregos ocupa a primeira posición da táboa, tanto na clasificación da Liga Galega Sénior Feminina como na Masculina. Os equipos infantís e benxamíns do Club Lóstregos encabezan tamén a táboa nas súas respectivas ligas. Mentres, os alevíns manteñen un apertado pulso coas Meiguiñas de Lugo, que van primeiras a falta de tres xornadas para o remate da competición.

Falamos con Xiana, unha das xogadoras do Lóstregos Olimpo XXI, o equipo do Club Lóstregos onde xogan os nenos e nenas de menor idade. Con tan só 8 anos, Xiana sóbese cada fin de semana aos seus patíns para desfrutar co seu equipo de hóckey liña. Cóntanolo no seguinte artigo!

O Lóstregos Olimpo XXI

Eu son Xiana, o 11 de Lóstregos Olimpo XXI, o equipo dos máis pequenos. Están comigo Ali, Antía, Carmen, Mara, Iria… e xunto cos nenos que forman parte do equipo, entre eles o meu irmán Xoel, pasámolo moi ben e loitamos moito en todos os partidos. A próxima fin de semana imos xogar contra os Morcegos de Ourense.

Xiana co trofeo da Copa Cativos de Hóckey Liña da tempada 2017-2018. Foto: Nieves S.

Hai unha nena, Xiana coma min, que é a capitá do equipo Peque Lóstregos. O capi do meu equipo é Luke. Xiana pon moita orde na pista e todo o equipo xoga moi ben con ela ao mando.

Nos maiores, o equipo das rapazas gañan os partidos máis importantes e conseguiron quedar subcampioas da Copa Princesa de Asturias. Teñen unha xogadora moi importante polo loitadora que é, Catu (Catuxa), e tamén a súa capitá Samanta. O equipo das maiores están moi pendentes de todas nós e levámonos moi ben todos, nenos e nenas.

Aupa Lóstregas! Forza Lóstregos!

Mándanos os teus artigos ao noso correo e publicarémolos na sección O recuncho!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *