O título de campioas femininas de fútbol gaélico decidiuse este domingo nunha final que enfrontou as Herdeiras do Dhais contra o Estrela Vermelha. As vencedoras do encontro serían as novas campioas da Liga Galega Feminina de Fútbol Gaélico, un título que estivo nas mans das Fillas de Breogán durante as tres últimas tempadas. Despois dun partido moi igualado, as Herdeiras do Dhais impuxéronse ao Estrela Vermelha por 21-29, conseguindo o seu primeiro título de campioas galegas de fútbol gaélico.
As Herdeiras do Dhais gañan a Liga Galega Feminina de Fúbol Gaélico por primeira vez
Pola súa banda, a Liga Sénior Masculina decidiuse a pasada fin de semana. A vitoria do Estrela Vermelha fronte aos Fillos de Breogán foi a chave para que os composteláns se proclamaran campións da Liga Galega Masculina de Fútbol Gaélico. Esta é a cuarta vez que os integrantes do Estrela Vermelha se alzan co título, despois de que foran campións de liga nas tempadas 2013/14, 2014/15 e 2015/16. Nos dous últimos anos, os Irmandinhos conseguiran ser campións galegos tras imporse ao Estrela Vermelha (2017/2018) e aos Fillos de Breogán (2016/17).
O fútbol gaélico
O fútbol gaélico é un deporte de equipo moi popular en Irlanda, pero que cada vez ten máis seguidores no noso país. En Galicia hai actualmente 11 clubes! Ademais, a nosa Comunidade conta tamén cunha selección galega de fútbol gaélico que, dende o seu debut no ano 2012, conseguiu moi bos resultados nas competicións nacionais e internacionais.
Queres saber máis sobre este deporte? Fai click nas seguintes viñetas e aprende cales son as reglas do fútbol gaélico!
OS XOGADORES
Cantos xogadores se necesitan para un partido de fútbol gaélico?
Normalmente, xógase en equipos de 15 membros. Porén, en Galicia, cada un dos equipos está formado por 11 integrantes. É un deporte amateur, no que os xogadores non cobran e no que tampouco se permiten as fichaxes.
O BALÓN
O balón do fútbol gaélico é parecido a un de fútbol...
Pero lixeiramente máis pesado! Está fabricado en coiro e o seu exterior é similar a un balón de voleibol. Os xogadores poden levar o balón nas súas mans, golpealo cos noelos ou co polgar e patealo para pasárllelo aos seus compañeiros de equipo.
O CAMPO
Como é o campo no que se xogan os partidos de fútbol gaélico?
É un campo de céspede con forma rectangular. De ancho, mide o mesmo que un campo de fútbol, pero é un pouco máis longo. O terreo de xogo regulamentario ten de 130 a 145 metros de lonxitude e entre 80 e 90 metros de ancho. En ambos lados hai porterías con forma de H.
A PUNTUACIÓN
O obxectivo principal é anotar o máximo número de puntos, pero como se conseguen?
Cada vez que o balón pasa por riba do longueiro, anótase un punto. Se pasa por baixo, márcase un gol, equivalente a tres puntos. A portería está protexida por un xogador que exerce de porteiro. O resultado rexístrase co formato {total de goles} + {total de puntos}.
O TEMPO DE XOGO
Canto dura cada partido e como se desempata?
Os partidos duran 60 minutos e divídense en dúas metades de media hora cada unha. Se ao final do tempo os equipos van empatados en puntos, poderá volver a disputarse o partido ou ben engadiranse 20 minutos ao tempo adicional. Neste último caso, xogaranse dúas prórrogas de 10 minutos.