QUEN SOMOS

Pícaros.gal preséntase como un novo medio de comunicación dixital en galego. Destinado a un público infantil de entre 7 e 11 anos, o obxectivo é que os nenos e nenas coñezan os principais temas que se abordan nos medios de comunicación cunha linguaxe adaptada á súa idade.

A través de recursos interactivos e multimedia, os rapaces poderán achegarse a unha ampla variedade de contidos presentados dun modo accesible e atractivo.

Cunha periodicidade de actualización semanal, en Pícaros.gal tomamos como base as principais novas que forman parte da axenda mediática para afondar tanto en cuestións de actualidade como noutras de carácter máis xeral.

Seguindo a característica división en seccións, Pícaros.gal estrutúrase en cinco grandes áreas: política, economía, cultura, deportes e ciencia e tecnoloxía.